• Informativo Galicia 19:50 - 28/01/25
    Jan 28 2025

    O primeiro pleno do parlamento do ano dá carpetazo á comisión de investigación sobre a contratación pública da Xunta. O ditame final foi aprobado gracias á maioría absoluta do PP.

    Tamén chegou á cámara o texto da lei de medios audiovisuais. Os populares rexeitaron as enmendas presentadas pola oposición, mentres no exterior do pazo do hórreo, os traballadores da CRTVG mobilizábanse por un medio independente.

    No económico, os últimos datos da enquisa de poboación activa amosan que o paro se reduciu en Galicia en 5.500 persoas no 2024.

    Son titulares desta xornada na que Galicia aínda se recupera tra-lo paso da borrasca Herminia e se prepara para a chegada de Ivo, que deixará fortes ventos na mariña lucense. A Xunta xa suspendeu as clases mañá na comarca.


    Escuchar audio
    Show more Show less
    10 mins
  • Crónica de Galicia - 28/01/25
    Jan 28 2025

    Primeiro pleno do ano no Parlamento de Galicia que dá por finalizada a comisión de investigación dos contratos da Xunta na pandemia. Votouse o ditame final, aprobado coa maioría absoluta do PP e con críticas da oposición. Acusa ó goberno galego de deixar escapar unha oportunidade de coñecer a verdade.

    Tamén chegou á Cámara o texto da lei de servizos dos medios públicos. O PP rexeitou as emendas á totalidade e o texto alternativo que presentaron os outros grupos. Mentres se debatía este asunto no interior do Pazo do Hórreo, fóra os traballadores berraban en defensa dunha CRTVG independente.


    Escuchar audio
    Show more Show less
    45 mins
  • Informativo A Coruña 13:55 - 28/01/25
    5 mins
  • Informativo OUrense 13.55 - 28/01/25
    5 mins
  • Informativo Pontevedra 8:45 - 28/01/25
    15 mins
  • Informativo OUrense 8.45 - 28/01/25
    15 mins
  • INFORMATIVO_LUGO_8.45_28_01_2025
    15 mins
  • Informativo Galicia 7:45 - 28/01/25
    Jan 28 2025

    Amaina a borrasca que deixou 1.600 incidencias, aínda que se anuncia a chegada doutra a pasada madrugada, e baixan as temperatauras. A neve chegou ás zonas altas das provincias de Ourense e Lugo.

    Este martes destacamos a condena a José Manuel Baltar ó acreditar o Supremo que conducía a máis de 200 quilómetros por hora e estamos pendentes do Parlamento: o pleno aproba hoxe o dictame final da comisión que investigou os contratos da Xunta e o sobrecuste no Cunqueiro.


    Escuchar audio
    Show more Show less
    15 mins